Santiago somos todos: A través de "Santiago somos todos" ofrécese un fermoso percorrido fotográfico pola fisonomía compostelá, entendida esta como a suma dun facer conxunto no que participaron, e seguen a participar, homes e mulleres chegados de tódolos confíns. A obra presenta así un retrato panorámico de conxunto do que emerxe unha cidade sempre viva e sempre en construción, grazas á achega de todos. Trátase pois dun conxunto de instantáneas que non só reflicte a riqueza arquitectónica, histórica e cultural de Compostela, senón que tamén da conta da súa orixe, das súas tradicións e do seu facer colectivo.