“Boas Noite, Vigo”, un volume no que se ofrece un orixinal percorrido fotográfico pola fisionomía nocturna da cidade que permite ao lector descubrir esa outra perspectiva urbana que só a noite é quen de ofrecer.

A través de preto dun cento de instantáneas editadas en gran formato e asinadas polo fotógrafo Ramón Vaamonde, “Boas Noites, Vigo” percorre o rueiro vigués para convidar ao lector a mergullarse non só no rico patrimonio da cidade senón tamén na súa propia historia.

Así, a publicación emprega a máxica luz da noite para captar a esencia dalgúns dos espazos olívicos máis emblemáticos pero tamén a de aqueles máis novos sobre os que a urbe segue a construír o seu futuro. O volume tamén se detén nese porto eterno que alimenta co seu latexo o corazón pesqueiro, naval e conserveiro dunha ría sempre buliciosa e sempre viva.