"Boas Noite, Ferrol", un volume no que se ofrece un orixinal retrato da cidade a través dun percorrido fotográfico pola súa fisionomía nocturna que permite ao lector descubrir esa outra perspectiva da urbe que só a noite é quen de ofrecer.
A través de case un cento de instantáneas editadas en gran formato e asinadas polo fotógrafo Ramón Vaamonde, "Boas Noites, Ferrol" percorre o rueiro local para convidar ao lector a mergullarse non só no rico patrimonio da cidade senón tamén na súa propia historia. Así, a obra emprega a luz da noite para captar a esencia dalgúns dos espazos ferroláns máis emblemáticos pero tamén a de aqueles máis novos sobre os que a localidade segue a construír o seu futuro.
Os que se achegan á publicación vólvense, por tanto, cómplices do diálogo permanente entre as distintas arquitecturas que integran a cidade departamental, da que emerxe non só unha urbe senón tamén unha maneira propia de facer e mesmo de sentir. Por iso, esta edición quere render tributo tamén aos ferroláns e ferrolás que co seu facer conxunto fixeron posible o desenvolvemento do municipio.
Praia de Doniños
Praia de Sta Comba
Esquina na rua igrexa
Galerías na rúa Rubalcava
Praia de Sta Comba
Casa do Patín
Estaleiros
Ensenada da Malata
Arsenal militar - Sala de armas
Arsenal militar
Ermida de Sta. Comba
Castelo de San Felipe
Castelo de San Felipe
Igrexa das Angustias
Ermida de Chamorro
Panorámica do arsenal militar