"Boas Noite, Cambados", un volume no que se ofrece un orixinal retrato da localidade a través dun percorrido fotográfico pola súa fisionomía nocturna que permite ao lector descubrir esa outra perspectiva da vila que só a noite é quen de ofrecer.

A través de case un cento de instantáneas editadas en gran formato e asinadas polo fotágrafo Ramón Vaamonde, "Boas Noites, Cambados" percorre o rueiro local para convidar ao lector a mergullarse non só no rico patrimonio da vila senón tamén na súa propia historia. Así, a obra emprega a luz da noite para captar a esencia dalgúns dos espazos cambadeses máis emblemáticos pero tamén a de aqueles máis novos sobre os que a localidade segue a construír o seu futuro.

Os que se achegan á publicación vólvense, por tanto, cómplices do importante patrimonio que integra Cambados, vila á que o editor, José Luis Teófilo, se referiu como terra de "espléndidos pazos, marabillosas paisaxes, excelentes viños e mellores xentes". Esta edición quere render tributo precisamente aos cambadeses e cambadesas, que co seu facer conxunto fixeron posible o desenvolvemento deste municipio.